sábado, 11 de marzo de 2017

MUS-E: Danza en familia

Este venres celebramos a nosa sesión MUS-E de portas abertas coas familias de cada aula que puideron vir a acompañarnos e a participar con nós.
Sinto moito que non puidésemos estar tod@s e mandamos un bico enorrrrme a Asier que estaba maliño💋

Desfrutamos dunha sesión MUS-E de Danza coa profe MUS-E Chus.
A verdade é que penso que tod@s nos sentimos en familia, así que grazas pola vosa asistencia e por participar e desfrutar sacando o/ neno/a que tod@s levades dentro.

As fotos falan por si mesmas asi que. . .tomade asento.



Soltámonos e traballamos a representación de distintas emocións co noso corpo a 3 alturas, explorando o espazo pola parte superior, polo medio e pola parte inferior.
Escoitamos un tema musical de Yehudi Menuhin e falamos dos sentimentos que nos inspira.
Cando xa nos liberamos da vergonza, chegou o momento das presentacións.




Traballamos as emocións en dous grupos: os familiares que estaban tristes  e @s pequen@s que lles ofrecían consolo e os convidaban a bailar.

 E como colofón final, bailamos en familia, porque aínda de non nos tocase bailar cos nosos familiares  o ambente que se creou foi familiar, cálido e moi especial.



Grazas familias pola vosa sensibilidade, por vir a acompañarnos e compartir con nós unha sesión tan especial! ! !❤❤❤

Grazas Chus por  facer que todo sexa tan fácil! ! !

Xa vedes que cumplín e publiquei pronto 😊

Moitos bicos.


Arcimboldo

No outono como sabedes degustamos distintos froitos de tempada aportados polas familias.
As nosas conversas despois de probar estes froitos leváronos a falar de Giuseppe Arcimboldo, pintor italiano coñecido especialmente pola súa representación  do rostro humán partindo de flores, froitos, prantas, etc. É dicir, pintaba representacións destas cousas no lienzo que en conxunto tiñan unha semellanza reconocible cun rostro da persoa retratada.

 Aqui tendes un exemplo. 


Este cadro pódese ver de dúas formas.


Aprendimos unhas pinceladas sobre o artista.



Logo centrámonos na súa serie de cadros sobre as catro estacións.


Primavera


Verán


Outono


Inverno

Por último, fixemos a nosa propia versión do seu cadro adicado ao outono.


Pronto veredes os nosos traballiños sobre o famoso pintor italiano.

Bicos.

domingo, 5 de marzo de 2017

MUS-E

Esta entrada vai adicada por completo ás nosas sesións MUS-E que levamos feitas ata agora para que vos fagades unha idea do xeito de traballar e aprender nelas.
Ata agora só vos ensináramos a primeira, adicada a TEATRO, por falta de tempo para revisar e montar todas as fotos.
Pero. . .tomade asento que. . .se alguén está indeciso e ten dúbidas sobre vir o vindeiro venres á nosa sesión de portas abertas para as familias do alumnado, seguro que despois disto apúntase! ! !

Para comezar quixera deixarvos o enlace á súa páxina: http://fundacionyehudimenuhin.org/programas/mus-e/

E agora ímos ás sesións que ainda non vos ensinamos, unha por unha.

SESIÓN 2: DANZA
Nesta sesión con Chus preparamos o noso corpo para a Danza cun pequeno quentamento e estiramentos e logo bailamos a distintas alturas sempre aprendendo a respectar o espazo dos nosos iguais e aprendendo a escoitar e prestar atención.
Grazas Eva por sacar fotos, ao non estar pendente da cámara desfrutei como unha nena máis! ! !



SESIÓN 3: TEATRO
Nesta  sesión de Teatro con Ramiro, seguimos practicando xogos de expresión corporal cos que traballamos o respecto polos nosos iguais e aprendemos a ter en conta os seus puntos de vista. E isto é ben importante, posto que non é algo que só deban aprender os nen@s. Se os adultos o practicásemos máis penso que teríamos un mundo mellor.


SESIÓN 4: DANZA
Nesta sesión con Chus seguimos estirando e preparando o noso corpo, bailando respectando o espazo dos nosos compañeiros, aprendemos que o espazo dos demais é importante non só para bailar (tamén para xogar, ir na fila, pola rúa. . . ), pero ademais xogamos a ser equilibristas en parellas e para iso. . . temos que ter moi en conta á nosa parella e traballar en equipo.


SESIÓN 5: DANZA
Nesta nova sesión de Danza con Chus seguimos preparando o noso corpo e estirándoo para logo bailar con panos: imitando a Chus, inventando  nós bailes, bailando en espello (imitando á nosa parella). Pero para isto, primeiro tivemos que resolver un pequeno conflito que consistiu en atopar o xeito de que tod@s tivésemos un pano para danzar, e a solución para acadalo foi COMPARTINDO.



SESIÓN 6: TEATRO
Nesta sesión de Teatro con Ramiro comezamos como sempre contando o noso mellor momento da semana e logo xogamos ao Rei Baltasar e tiñamos que facer todo o que o Rei Baltasar dicía, para iso había que estar moi caladiños e atentos.Tras este xogo xurdiu explicar algúns dos nosos sentimentos e emocións.
Finalmente, fixemos maxia coa nosa imaxinación e convertimos unha silla nun barco pirata, un coche, unha moto, unha nave espacial, un sofá, un tobogán, unha montaña, etc e representamos este momento diante d@s nos@s compañeir@s.



Despois disto, só me queda dicirvos que vos agardo o venres día 10 de marzo na sesión MUS-E da nosa clase que comeza ás 9:50. Lembrade entrar pola porta principal e agardade diante de Secretaría que xa vos iremos a buscar para levarvos á aula e. . . non esquezades as mallas ou o chándal e. . . un segundo par de calcetíns para bailar! ! !


Bicos.