A fin de semana pasada foime imposible actualizar o blogue, por iso agora fareivos un remix dalgúns dos nosos mellores momentos que aínda non vos contamos.
Comenzamos a xogar no recuncho da lóxica-matemática co autobús das sumas e restas, pero primeiro aprendimos a usalo tod@s xuntos na asamblea coa encargada do día que era Itziar.
Traballamos a letra t e fixemos un tigre moi especial coa palma da man.
Deixámosvos unha pequena pista das que van ser as nosas portadas do 2º trimestre.
Isto é so un adianto, para vela rematada tendes que agardar uns días ! ! !
Desfrutamos coa saraiba que caeu fai uns días xogando ben abrigadiñ@s no patio novo.
Polo 8 de marzo, Día da muller, coñecimos un pouquiño da vida dunha muller excepcional Amelia Earhart, célebre aviadora estadounidense famosa polas súas hazañas voando e por tentar a primeira viaxe aérea ao redor do mundo sobre a liña ecuatorial.
Tamén vimos un vídeo co que reflexionamos sobre o reparto de tarefas no fogar e traballamos a coeducación.
Aqui volo deixamos. Aos peques non lles fixo falla entender o que falaban para entender a situación.
Agardamos que vos gusten as nosas novas aventuras.
Seguimos en proceso de actualización do blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario