domingo, 23 de abril de 2017

Visita ao Monte de San Pedro

Antes das vacacións de Semana Santa visitamos o Monte de San Pedro.
Para iso primeiro preparámonos vendo un vídeo no cole cos monitores que logo nos guiaron pola visita.
Nese vídeo aprendimos moito dos animais e a vexetación que nos agardaba na nosa visita ao parque.




Logo na aula fixemos un taller no que elaboramos uns títeres con personaxes que viven no monte.
Tamén fixemos un Teatrillo no que presentamos os nosos personaxes aos compañeir@s e contámoslles como viven e de que se alimentan.



Ao fin chegou o ansiado momento da visita, non tivemos boa sorte co día pois estaba nubrado e facía frío, pero aínda así desfrutamos moitísimo e á vorta fixemos uns fermosos debuxos onde plasmamos as nosas impresións da visita.




Moitas grazas a Paula e Noel, os monitores da visita, por ensinarnos tantas cousas.

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario