sábado, 13 de mayo de 2017

Día do Libro 2017

Como xa vos adiantamos, na semana do libro estivemos traballando á poeta Gloria Fuertes.

Estas foron algunhas das cousiñas que plasmamos en papel sobre ela e que puidéchedes ver no pequeno libriño que levamos xa para casa.


Como estamos traballando á par nun proxecto de Arte e xurdira falar de retratos, afondamos tamén noutro xeito de "retratar" ás persoas, mediante a caricatura, e pintamos unha caricatura da famosa poetisa á que decoramos o pelo con lá branca.

Tamén levamos para casa marcapáxinas persoalizados, xa que cada un de nós elexiu o modelo que máis lle gustaba. Fixemos xirafas, monstros, bonecas, peixes, etc.
Aqui vos deixamos unha pequena mostra.


Na celebración do Día do libro na escola, tal e como se ven facendo nos últimos anos, compartimos lecturas no patio cuns "padriños" e "madriñas" lectores mooooooi especiais.
Este ano, os nenos e nenas da clase de 3ºB da profe Emilia viñeron a buscarnos á clase para lernos uns contos moi fermosos.

E a "madriña" lectora da nosa Julia foi. . . a súa irmá Cecilia! ! !


Aqui vos deixamos un bonito resumo en imaxes desas emocionantes lecturas compartidas.



Agardamos que vos gusten.

Bicos e seguimos actualizando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario