Ás veces , por máis que o intente, o tempo non é suficiente, descargar, montar e preparar fotos leva o seu tempo e. . . sinto que me vaian quedando fotos sen amosarvos.
Mus-e 8 : Teatro
Comezamos contando o noso mellor momento da semana aos compis, logo comeza o traballo en equipo, temos que comezar a compenetrarnos, ser capaces de chegar a acordos e controlar os nosos impulsos que ás veces nos levan a tomar decisións erróneas e a portarnos mal cos compis.
Mus-e 9 : Danza
Tras preparar o noso corpo para o baile, quentando e estirando axeitadamente, comezamos tamén o traballo cooperativo, temos que comezar a expresar emocións co noso corpo, primeiro de xeito individual para pasar logo a formar equipos cos que comezamos a poñernos dacordo e preparar o que representaremos diante de toda a clase na próxima sesión.
Non todos os euipos aproveitaron os consellos dados nin o tempo de "ensaio" do mesmo xeito pero decidimos non intervir para que eles mesmos fosen conscientes do xeito no que empregaban o tempo de traballo previo en grupo e o relacionasen co produto presentado ao grupo logo.
Eles mesmos chegaron á conclusión de que non traballaran suficiente, non o tomaran en serio e estiveran xogando a outras cousas. Isto é unha das cousas xenias do Mus-e! ! !
Mus-e 10 : Teatro
Facemos maxia, a maxia do teatro e temos que representar ante os compañeir@s unha situación convertindo unha silla noutro obxecto.
Xurdiron pequenos conflitos porque unha vez máis o modelo de traballo a seguir era o da aprendizaxe cooperativa e. . . algúns compis non tiveron para nada en conta a opinión nin as propostas de dúas das compis de equipo, pero unha vez máis decidimos non intervir, moi acertadamente, pois á hora de representar o traballado e "ensaiado" ante o grupo notouse que algo pasara e . . . ante o resto dos iguais tiveron que explicar o sucedido, reflexionar e tomar decisións para mellorar nun futuro.
E agora un vídeo resumo en imaxes destas tres sesións.
Bicos e. . . seguiremos publicando a pouquiños as dúas sesións que faltan e o Día Mus-e.
que fantásticas imágenes Bibi, la verdad es que espero que MUS-e les acompañe en primaria.
ResponderEliminarGrazas polo comentario! ! !
ResponderEliminarA min tamén me gustaría que o MUS-E os acompañe en Primaria xa que a experiencia foi estupenda.
Bicos.
Bibi