domingo, 28 de mayo de 2017

Xogamos nos bambáns de maiores! ! !

Aproveitando o bo tempo, co que non apetece estar en sitios pechados, e como nos portamos moi ben, o mércores desfrutamos dos bambáns de maiores nos que ímos xogar o vindeiro curso.

Explicamos que, aínda que desta vez tiñámolos para nós soliños/as, para o vindeiro curso teremos que compartilos con outros compañeiros/as e tamén aprendimos onde están as quendas para saber qué días  podemos xogar nos bambáns e qué días podemos xogar na pista ao futbol, baloncesto, brilé, balonmán, etc.

Aprendimos a beber na fonte. . .ou intentámolo, ás veces con máis chapuzóns que acertos porque fáltanos un pouquiño de práctica, pero como facía moita calor rápidamente secábase a roupa asi que foi moi divertido.

E . . .antes de entrar de novo á aula, fixemos a fila onde a fan os maiores de 1º! ! !

Ains. . . fanse maiores! ! !


No hay comentarios:

Publicar un comentario