A nosa primeira semana no colexio co horario completo comezamos a facer asambleas mais longas e cada día temos un encargad@ que axuda ás profes a poñer a data, o tempo que fai, cantamos, falamos ordeadamente e escoitamos aos demais, etc.
Mentres xogamos-aprendemos nos rincóns, as profes van chamándonos para facer algúns traballiños en papel en pequeno grupo, deste xeito poden atendernos mellor e dun xeito mais individualizado.
Seguiremos actualizando.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario