domingo, 29 de octubre de 2017

Quentando motores para o Samaín 2017.

Na biblioteca, tod@s xuntiñ@s, escoitamos o conto "Corre, corre, cabaciña que nos contou a profe Aurora.


Nas clases gústanos moito velo na pizarra dixital e cantar a canción.
Aqui vos deixamos os dous vídeos: o conto e a canción.




Fixemos un pequeno traballiño sobre o conto.



Fixemos monstriños para decorar no corredor diante das nosas clases.


Mirade que fermosos quedaron.



Elba perdeu o medo asustándonos a tod@s! ! !


Posamos cunhas máscaras terroríficas que nos trouxo a profe Pilar coas que non nos ides recoñecer seguro.

Posados na clase das XOANIÑAS.







Posados na clase dos PIRATAS.







Ensaiamos o baile do Samaín.

Aqui vos deixamos o vídeo coa canción de PACO NOGUEIRAS  que estamos aprendendo.




Ensaiamos o baile nas aulas coa axuda do alumnado de sexto curso de Educación Primaria.



Un dos maiores que veu a ensaiar con nós foi Xabi, o irmá de Sara Fernández, por iso aproveitamos para sacar unha fotiño de recordo.


Ademáis o venres tivemos a sesión de contacontos de Samaín, e este ano escoitamos o conto : A CASA DO RATO RENATO.



Así de ben escoitamos o conto.




Lembrade que mañán podemos traer cabazas adornadas con motivo do Samaín para decorar a escola e martes, ademais de vir terroríficamente disfrazados, temos a nosa quinta edición do Concurso de Larpeiradas Arrepiantes.

Bicos.

6 comentarios:

  1. Soy xabi, gracias Bibi por esa foto tan chula

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo comentario Xabi, alégrome de que che gustase a foto! ! !

      Bicos.

      Bibi

      Eliminar
  2. Que boa época o Samain para perder os medos!!! Xenial traballo. Graciñas!!

    ResponderEliminar
  3. Grazas a vos polo comentario!!!

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar
  4. Qué ben o pasan! Gracias por esta pequena mostra profe Bibi!

    ResponderEliminar
  5. Grazas a vos polo comentario! ! !
    Teño mais fotos aínda, pero preciso atopar tempo para ir montándoas e subíndoas.

    Bicos.

    Bibi

    ResponderEliminar