domingo, 4 de febrero de 2018

Preparad@s para o Entroido 2018 ! ! !

Esta semana O Meco xa dou instruccións para pasalo ben e vir como choqueir@s ao colexio.
Os mandadiños do Meco este ano son:

Image result for ENTROIDO 2018

LUNS: SE CHE CUSTOU LEVANTARTE DA CAMA, PODES VIR CO CAMISÓN, A BATA OU O PIXAMA. ( E NON ESQUEZAS O PELUCHE DE DURMIR! ! !)

MARTES: PARA VIR HOXE AO COLE, PON NA CABEZA ALGO QUE MOLE, (GORROS, PERRUCAS, ETC)

MÉRCORES: HOXE PARA ENTRAR REVISAREMOS OS TEUS PÉS, TEÑEN QUE VIR LIMPOS E ADORNADOS Á VEZ.

XOVES: CHEGOU O MOMENTO DE INVENTAR, QUE SE VEXA NA CARA O ARTISTA QUE SERÁS. (CARA PINTADA)

VENRES: O ALUMNADO DE 3 ANOS DISFRAZADOS DE MARISCADOR@S.

AXUDA DAS FAMILIAS ! ! !

Precisamos da vosa axuda para que o alumnado ensaie a súa actuación de Entroido coas súas ferramentas de mariscador@s. 

Image result for cuboplayaImage result for rastrillo playa

Por iso, necesitamos que o antes posible (se pode ser mañá, mellor que mellor) mandedes ao colexio o cubo e o rastrillo para ensaiar correctamente e que saiban como manexalos na actuación do venres. 
É moi importante que o cubo e o rastrillo veñan co nome dos vosos fill@s posto para que nada se extravíe e poidamos organizarnos mellor.

Grazas de antemán pola vosa colaboración! ! !

A MERENDA DO VENRES 9 DE FEBREIRO ! ! !

Este día faremos unha merenda especial, polo que precisamos que os vosos fill@s traian á escola produtos típicos de Entroido para degustar e compartir.: filloas, orellas, rosquillas. . . 

Image result for filloas  Image result for orellas entroido  Image result for rosquillas entroido

O  DESFILE A AS ACTUACIÓNS DE ENTROIDO ! ! !

Estades convidad@s a ver o noso desfile a as actuacións de Entroido no Pavillón do colexio ás 12:00.

Para contribuír e colaborar á boa organización e tranquilidade do alumnado precisamos que respectedes os espazos destinados ás familias e non entredes na pista onde se atopa o alumnado.
Pensade que levamos xa días ensaiando. . . e o que nos queda. . . Sería unha pena que non se poida sacar adiante a actuación con todo o alumnado, e a experiencia dinos que cando as familias baixan á pista e/ou achéganse demasiado o alumnado ponse nervioso , incluso algúns choran e queren ir ás gradas e finalmente non vedes o ben que o fan.

O acceso das familias farase pola porta traseira do Pavillón (isto é moi importante , pois precisamos da porta principal do recinto para a entrada de todo o alumnado e para iso non pode haber  familiares polo medio sacando fotos e dificultando o acceso) . 

Podedes sentarvos nas gradas para ver todo o desfile e as actuacóns dos distintos cursos. Dende as gradas vaise poder ver todas as actuacións perfectamente e poderedes sacar fotos.

Convidamos ás familias que veñades a vernos a que vos animedes a vir disfrazados seguindo a temática do Entroido no colexio este curso: A Ría do Burgo.

Lembrade que ao remate do desfile o alumnado volta ás aulas e a saída e a entrega dos mesmos faise no horario habitual.

Bicos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario