Moitas veces non resulta doado traballar con alumnado tan pequeno estas conmemoracións, pois o seu nivel de madurez non lles permite entender a súa importancia.
Ás titoras de 3 anos pareceunos que podíamos tentar achegar ao alumnado a figura de Emilia Pardo Bazán falándolles dela na súa infancia e tentando resaltar o seu gusto pola lectura e fomentar neles a curiosidade polas letras.
Eliximos esta figura feminina pola súa especial relevancia como pioneira defendendo os dereitos das mulleres.
E posto que do 5 ao 9 de marzo, conmemorouse ademais a Semana da Prensa, parecíanos importante tamén destacar que foi a primeira muller corresponsal de prensa no estranxeiro.
Unha muller, sen dúbida, adiantada ao seu tempo! ! !
Seguiremos actualizando. . .
Bicos.
Pues si que les interesó el tema, Iago me contó que se formó y creció y creció y le gustaba mucho leer y se convirtió en una profe. Pero venía todo entusiasmado. Si que se quedan con mucho más de lo que parece. Y ellos y nosotros valoramos todo lo que les enseñas
ResponderEliminarMoitas grazas polo comentario ! ! !
ResponderEliminarBicos.
Bibi