Como xa vos contamos na cartiña que levaron @s peques o último día de cole, e que el@s mesmos axudaron a preparar, no terceiro trimestre ímonos mergullar nas profundidades do MAR e imos investigar o que alí hai.
Cómo xurde este proxecto?
Queremos contarvos como xurdiu a motivación para este proxecto, para que comprendades mellor a labor que levamos a cabo nas nosas aulas.
Cando estabamos traballando a secuencia didáctica adicada ao MARISQUEO observamos no noso alumnado interese polo tema, pois as súas inquedanzas non se quedaban só nos animais que viven na ría.
Ao mesmo tempo a través do proxecto dos PITIÑOS, que nos tivo entusiasmad@s durante o 2º trimestre, descubrimos como había outros animais que nacían dun ovo e chamáronlles especialmente a atención os peixes e as tartarugas mariñas (destas últimas incluso vimos algún vídeo).
Así foi como decidimos plantexarlles si lles apetecía investigar O MAR e descubrir e aprender cousas relacionadas co tema, e a resposta d@s peques foi un sonoro: siiiiiiiiii ! ! !
Cómo podedes axudar as familias?
Agora precisamos da vosa colaboración, porque á volta das vacacións devolveremos todo o material que aportáchedes para investigar OS PITIÑOS e agardamos a vosa axuda para que nos mandedes moitas cousiñas para o novo proxecto: O MAR.
Lembrade que non é preciso mercar nada, podedes traer libros, contos, puzzles, xogos, recortes de revistas e xornais, información que atopedes en internet, etc.
É moi importante que poñades o nome do do vos@ fill@ en todo o material que aporte para facilitar así a súa devolución ao remate do proxecto.
Ideas para facer estes días sen cole.
Xa que o tempo non acompaña para ir á praia e recoller cunchas para o proxecto do MAR,
ímosvos propoñer alternativas:
- Un xogo on line para aprender os tamaños GRANDE- MEDIANO-PEQUENO , tal e como fixemos nos últimos días de cole.
Pincha aqui para xogar.
- Un xogo sobre o mar para ir abrindo boca . . .
Pincha aqui para xogar.
- Unha boa sesión de CONTACONTOS MÁIS OBRADOIRO.
Data: luns 2 de abril.
Lugar: Biblioteca González Garcés (O Burgo)
Hora: 18:30
Contacontos máis obradoiro: o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.
A partir de 3 anos.
Recollida de invitacións.
Lembrade que as clases comezan o martes 3 de abril.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario