Nestes días xogando na pizarra dixital estivemos asociando número e cantidade e tamén recoñecendo as grafías dos números 1, 2 e 3.
Aqui vos deixamos unha escolma de fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Si queredes xogar na casa, podedes atopar o xogo da ABELLA BUBA na columna dereita do blog, onde pon: ENLACES FAVORITOS.
O enlace da ABELLA BUBA é o primeiro que ides atopar e nel tendes distintas propostas de xogos relacionados coa lóxica-matemática.
Agardamos que vos gusten! ! !
Aprender xogando é moi motivador para @s pequen@s! ! !
Seguiremos actualizando. . .
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario