Propóñovos facer un xogo online para identificar as vogáis. Chámase : Juguemos con burbujas . É un xogo ao que xa xogamos na clase e gustoulles moito. Teñen que escoitar a letra que di o xogo e explotar as burbullas que teñen esa letra.
Premede no enlace debaixo da flechas onde pon o nome e xa vos leva ao xogo.
Tamén vos deixo outro xogo de mates moi divertido e novo, chámase : "Conecta los puntos". A este non xogamos na clase, así vailles sorprender e estarán máis entretid@s.
Teñen que unir os puntos do número 1 ata o número 5 para formar un debuxo sorpresa.
Premede debaixo das flechas onde pon o nome e xa vos leva ao xogo.
E no seguinte enlace tendes unha proposta por si queredes imprimir algo para facer.
Este témolo na aula pero plastificado, de xeito que gastamos menos papel e pódese limpar e borrar para varios usos. Son xogos de Nadal novos que fixemos e non lles dou tempo de xogar a tod@s ainda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario