Hoxe abrín o sobre número 10 , ainda que lle tocaría facelo a Laura que sería a nosa encargada.
Como xa vos expliquei polo Abalar a palabra que tiñamos hoxe para falar na aula era : "regalos"
E na tarxeta da proposta para facer en familia hoxe tocaba: escoller un xoguete para donar.
Propúxenvos ademáis decorar o "regalo" que aparece no seguinte enlace empregando a técnica dos grafismos creativos como xa fixemos na aula nalgunha ocasión. E si vos gusta e vos animades podedes facer máis motivos de Nadal dos que aparecen no enlace.
PREMEDE NO ENLACE DEBAIXO DA FLECHA
Aqui vos deixamos tamén unhas fotiños das actividades que nos ides compartindo.
David e o seu irmán Martin están moi ocupados facendo a carta a Papá Noel.
Allen fixo moitos xogos en familia.
Tamén puso unhas luces de Nadal moi marchosas e discotequeras e pasaron estupendos momentos coa avoa que lles contou e lles cantou cousiñas ben fermosas.
E aqui temos a Martina facendo unha postal de Nadal taaaan bonita que xa nos gustaría ser os destinatarios! ! ! Quén terá a sorte de recibir esta postal?
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación e moitos biquiños.
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario