martes, 14 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVENTO DÍA 14 E NOVAS PROPOSTAS

 Hoxe tocou abrir o sobre número 14 do noso Calendario de Advento.


Dentro , coma sempre, había dúas tarxetiñas.


A tarxeta para traballar a linguaxe oral e escrita pon: BONECO DE NEVE
Podedes comezar falando do seu significado, e logo pensar en máis palabras que comecen pola letra B.

Aqui vos deixamos algunhas palabriñas de axuda.


Podedes xogar a que a palabra protagonista sexa : BONECO


Aqui vos deixamos unha idea para facer un boneco de neve



Esta é a plantilla por si vos apetece facelo.


No sobre da proposta para facer en familia hoxe toca : BAILAR E CANTAR PANXOLIÑAS

Aqui vos deixamos algunhas propostas.






Agora unha proposta de xogo interactivo para ordenar a serie numérica do 1 ao 6 pinchando no enlace que hai debaixo das flechas.





E agora o noso álbum de fotos de propostas na casa.



David esté feito un experimentador incrible! ! ! Atreveuse a facer neve caseira e ata fixo un boneco de neve! ! !


Tamén fixo unha árbore de Nadal cos models de grafismos creativos que vos propuxen e mirade qué chula quedou! ! ! Posa orgulloso con ela e co seu irmá Pablo! ! ! Aaaaaaiiii Pablo cánto tempo pasou xa e como me alegra verte por aqi outra vez! ! ! Pablo é da miña primeira promoción de infantil no cole...e o tempo voa! ! ! Ainda me acordo cando en tres anos me decía que me ía levar de paseo no seu tractor! ! ! Por certo, sigo agardando polo paseo en tractor! ! ! jajaja


Quedoulle tan ben que vai soplala para apagala! ! !


A partir de agora chamádelle Súper - Thiago porque non hai proposta que se lle resista : fai neve, o tarro dos desexos, xoga coas palabras. . .


Me chivaron os elfos de Papá Noel que estes dous experimentadores remataron na bañeira despois de todo o que nevou na súa casa! ! ! jajaja


Ademáis de todas as manualidades que fixo na fin de semana, aceptou a proposta do calendario de Advento e donou moitos xoguetes! ! !


Sabela fixo dúas postáis de Nadal con forma de casiña das nosas propostas do domingo. Quedaron taaaaaan chulis que dan ganas de chamar á porta para ver quén abre! ! !


Nesta casa pásano en grande! ! ! Fixeron unha coreografía coa panxoliña de Nadal da fin de semana e. . . da guerra de cóxegas. . . vendo a foto xa sobran as palabras! ! ! jajajaja


Pero ollo! ! ! Que non esqueceron as propostas de facer os tarros das grazas tamouco! ! !


David é un homiño moi polifacético, o mesmo pinta e recorta que aprende xogando no ordenador! ! !


Daniella compartiu momentos e mimiños coa súa gatiñae tamén fixo moitos fermosos cadros.
Estás feita unha artista Daniella! ! !

Unha aperta enorme e moitos biquiños.

Bibi
































No hay comentarios:

Publicar un comentario