A derradeira elfa elexida por Alba para esta ponte foi Carla.
A partir de mañá, será xa o encargad@ quen abra os sobres correspondentes a cada día e os dos días sen cole serán abertos por quen elixa o/a encargad@, como fixemos nestes días.
Ao abrir o sobre número 8, Carla atopou dúas tarxetiñas. Unha delas contiña unha palabra para traballar a linguaxe na aula : Polvorón. Neste caso non había moito consenso sobre si lles gustaba ou non comer polvoróns, as opinións estaban moi repartidas. Pero de novo dounos pé a falar de produtos típicos que comemos únicamente na época de Nadal.
No segundo sobre atopamos a proposta para facer hoxe en familia : Enviar unha postal.
Nestas datas nas que cunha mensaxe polo teléfono felicitamos a todo o mundo, faleilles de como facía eu antes de ter tod@s teléfono móbil, escribindo unha postal cun debuxo fermoso de Nadal ás persoas que máis quería e mandándolles a postal por correo. Confeso que polas caras que me poñían. . . sentinme un pouco "vintage" (jejeje) ,como si lles estivese falando de algo de fai douscentos anos. . . Pero animeinos moito a recuperar esa tradición, menos rápida que o teléfono móbil, pero máis persoal sen dúbida que reenviar unha felicitación por teléfono, e soprender así a un ser querido este Nadal cunha fermosa postal.
Animádevos a mandarnos por correo electrónico as vosas fotiños das propostas en familia. Pero tende paciencia porque agora que se remata a ponte. . . non vou publicalas no blog ao mesmo ritmo 😉
Aqui vos van algunhas das fotos que recibimos estes días .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario