Estes días coñecimos a Burguiña, a mascota da Biblioteca do colexio.
E na nosa clase apareceu unha caixa misteriosa na que cada día Burguiña nos deixaba unha pista.
O luns aparecereon unhas pisadas .
O martes un pico.
O mércores dubidábamos si era un ala ou unha aleta, pero había quen xa pensaba en pingüíns.
O xoves apareceu unha letra P. . .que tiña algunha pista máis. . .
O venres Burguiña deixounos a pista definitiva cun conto moi fermoso e xa tod@s adiviñamos que se trataba de pingüíns, uns animais moi divertidos e curiosos que imos investigar na clase.
O venres , ademáis de contar o conto que nos deixou Burguiña, apadriñamos un pingüín no seguinte enlace:
Cada un de nós dixo un nome para o pingüín e escribímolo nun papel. Despóis metimos todos os papeliños nun bote e fixemos un sorteo. Martina como encargada e man inocente sacou un papel sen mirar e saíu o nome proposto por Sofía, así que o noso pingüín chámase : RON
Aqui vos deixamos un vídeo resumo cos mellores momentos do noso xogo de pistas.
AS PISTAS DE BURGUIÑA de Bibiana Boedo
Próximamente máis aventuras.
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario