Esta semana que remata tocounos xogar e aprender no Contexto Casa-Pobo onde xogando coas mates aprendimos moitas cousas.
Aprendimos a medir empregando partes do noso corpo como as mans ou os pés.
Poñémolo en práctica medindo unha das mesas da clase e un libro de Pingüíns.
Seguimos aprendendo cousiñas cobre os pingüíns. Esta semana tocou falar da súa alimentación, na que predominan peixe e krill. Burguiña deixounos na clase uns debuxos con moitos alimentos para que nós atopásemos e pintásemos só a comida dos pingüíns.
Tamén aprendimos unha poesía sobre un pingüín.
E como o día 21 era o Día Mundial da Poesía, fixemos un lapbook coa poesía para agasallar con él a unha/un compi de clase, polo que fixemos un fermoso intercambio de poesías.
Fomos á Biblio a desfrutar e aprender múltiples actividades da Biblioteca Creativa.
Comezamos a preparar as portadas dos nosos traballiños de final de trimestre.
E falamos moito da chegada da Primavera e do Día Internacional da Felicidade, así como daquelas cousas que nos fan felices ou das que nos poñen tristes.
Algunhas das cousiñas que falamos, plasmámolas nos seguintes debuxos.
Seguiremos actualizando.
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario