Aqui estamos de volta coas nosas aventuras na escola, xogando e aprendendo moito.
Estes días fixemos unha tarefa de grafismos creativos cos rotus finitos que nos quedou moi bonita. pero había que ter moita paciencia e constancia porque levaba o seu tempo.
Pintamos con pincel unha fermosas alas que nos leven voando ata un mundo en paz.
Xa vos ensinaremos qué cousiñas máis bonita faremos con elas polo Día da Paz.
Comezamos a ler un conto interesantísimo sobre a vida de Yayoi Kusama, a artista que estamos a traballar no Contexto de Arte, dentro do proxecto de Arte que parte da Biblioteca. E seguimos elaborando un dosier con todo o que aprendemos sobre ela.
En Música descubrimos o instrumento que agachaba tras o enigma número 5 o "Maestro Ratón".
Tratábase do contrabaixo, polo que aprendimos cousiñas dese instrumento e da súa familia co seguinte vídeo.
No proxecto do corpo seguimos avanzando e estes días tocounos aprender cousas dos sentidos.
No Contexto de casa-pobo , iniciámonos na suma empregando a recta numérica e vivenciando e xogando co noso corpo.
Ao longo da semana, compartimos moitos momentos de xogos.
O venres, dentro do Programa Mus-e, tivemos unha sesión de Teatro con Ramiro.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario