Esta semana que remata , no Contexto de Arte preparamos unha base par facer para a próxima semana un cadro.
No Contexto de Teatro inventamos historias de emocións.
Fixemos un copo de neve.
Xogamos a atopar palabras coa letra M.
No Contexto de Xogos seguimos investigando o noso corpo, e comezamos a falar dos ósos.
Compartimos moitos momentos de xogos compartidos.
No Contexto de Casa.Pobo fixemos xogos matemáticos. Esta semana tocounos sumar co "cocodrilo sacamuelas"
Fondo de Vídeo Gris Verde Negro Moderno Garabatos Color y Estilo de Bibiana Boedo
Dentro do Proxecto MUS-E, na actividade de Teatro representamos o que facemos cando estamos xogando nun parque e cando estamos visitando un museo.
Ademáis, o luns para conmemorar o Día da paz levamos para casa os móbiles da Paz que con tanto agarimo fixemos.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario