Comezamos a semana celebrando O Día Internacional do Libro, compartindo lecturas no patio cos nosos padriños e madriñas lectores e lectoras.
Seguimos descifrando os enigmas musicais que nos trae o "Maestro Ratón", coñecendo instrumentos da orquestra e clasificándoos : corda , vento ou percusión.
Visitounos o alumnado de 4º curso de Educación Primaria para facernos uns experimentos e explicarnos científicamente o que acontecía.
Contamos o conto : "La pequeña oruga glotona".
Observamos e aprendemos o ciclo de vida dos vermes de seda.
Xogamos e aprendemos coas mates e coa pequena eiruga glotona.
No recanto de modelado fixemos unhas figuras que pintaremos cando sequen seguindo o estilo de Yayoi Kusama.
No recanto do pincel, fixemos unhas xirafas empregando de modelo as nosas propias mans.
Logo pintamos as xirafas con pincel e pintura e quedaron fermosísimas.
Esta semana, o alumnado de Educación Infantil do noso colexio asistiu a unha actividade intercentros no IES Blanco Amor de Culleredo.
¡Visitamos o instituto rebosantes de ilusión e sentímonos un chisco máis maiores e todo!
Ali o alumnado de 4° da ESO ensinounos moitas cousiñas de María Victoria Moreno e contounos un conto moi fermoso que tiña como protagonista un vagalume.
Ao rematar o conto fixeron con nós unha actividade plástica na que nos axudaron a elaborar o noso propio vagalume e tamén ensináronos a súa Biblio e léronos mooooitos contos.
Seguimos investigando e aprendndo cousiñas sobre a vida e a obra da artista xaponesa Yayoi Kusama.
E compartimos moitos momentos de xogos e diversión.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario