Xusto antres das vacacións de Semana Santa fomos á cociña coa profe Mónica a preparar o biscoito dos cumpreañeir@s do mes de marzo para convidar aos compis na clase.
Para conmemorar o Día Mundial do Autismo, o 2 de abril, antes das vacacións de Semana Santa, fixemos un símbolo do infinito entre todas as clases de infantil. Cada clase tiña que decorar unha das pezas do puzzle do infinito cunha frase.
Despóis, á volta das vacacións de Semana Santa, sacámonos unhas estupendas fotos de grupo co infinito que fixemos entre todas as clases e que colocamos na entrada de Infantil.
Esta semana tamén fixemos debuxos para @s cumpleañeir@s do mes de abril.
Desciframos outro enigma de Música no que o instrumento agochado era esta vez o chelo.
Debuxamos unhas flores xeométricas con rotus e mooooita paciencia.
A Matteo caeulle o seu primeiro dente nas Vacacións de Semana Santa.
Cando nos cae o noso primeiro dente, O Rato Pérez déixanos na súa casiña da Biblioteca do cole un miniconto chuísimo.
Fixemos a portada dos traballiños dos Xogos Olímpicos para preparalos e levalos para casa o venres.
Seguimos aprendendo cousas de Yayoi Kusama e da cultura xaponesa.
A súa familia tiña viveros e de pequena pasaba o día no medio de flores debuxando.
Aprendimos que unha das flores máis típicas do Xapón é a flor do cerezo que sae precisamente nestas datas e que se chama SAKURA.
Visitamos a Biblioteca para levar a cabo os talleres da Biblioteca Creativa: Imáns, mesa de luz, xogos de memoria e orientación espacial e realidade aumentada.
Aqui nos tendes desfrutando dun xogo cos imáns.
Xogamos na mesa de luz a facer unhas pirámides estupendas.
Alucinamos co que podemos facer coa realidade aumentada.
Puxemos en marcha a nosa concentración para facer os xogos de memoria e orientación espacial.
E tamén desfrutamos de moitos momentos de xogos compartidos nos distintos recantos.
Seguiremos actualizando. . .
Biquiños
Bibi
No hay comentarios:
Publicar un comentario