O 20 de novembro conmemoramos o Dia Mundial da Infancia.
O Obxectivo desta conmemoración é lembrar á cidadanía que as nenas e os nenos son o colectivo máis vulnerable e o que máis sufre todas as crises e problemas mundiais.
Esta data é unha ocasión especial para dar a coñecer os dereitos das nenas e nenos. Por iso, as/os peques de 3 anos comezamos coñecendo algúns dos nosos dereitos máis impotantes coa axuda das nosas profes e destes vídeos de UNICEF e Pocoyó. Se premedes sobre oS enlace podedes ver os vídeos.
O dereito á saúde: POCOYÓ E O DEREITO Á SAÚDE
O dereito á familia: POCOYÓ E O DEREITO Á FAMILIA
O dereito ao xogo: POCOYÓ E O DEREITO AO XOGO
O dereito á educación: POCOYÓ E O DEREITO Á EDUCACIÓN
Se queredes ver os vídeos de todos os dereitos podedes entrar no seguinte enlace: UNICEF E POCOYÓ DEREITOS DA INFANCIA
Tamén fixemos unha actividade plástica moi chula para levar a casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario