Comezamos cos experimentos dos Xoves de Ciencias no colexio.
Este ano @s peques de 3 anos somos os primeiros/as.
Fixemos un súper experimento ao que chamamos ; Burbullas de cores.
Primeiro preparamos nunha bandexa bicarbonato, explorámolo e manipulámolo.
Despois preparamos nuns vasos vinagre con colorante alimentario de 3 cores diferentes.
E xa por ultimo, mesturamos con axuda dunhas pipetas o vinagre co bicarbonato. A mezcla libera Co2 e xeramos unhas fermosas burbullas de cores.
Despois de experimentar na clase e entender ben o experimento explicámolo aos compis doutras clases.
O xoves 11 de abril fomos os protagonistas dos Xoves de Ciencia do cole.
Tamén podedes vernos no Club de Ciencia do colexio se pinchades no seguinte enlace: CLUB DE CIENCIA
Seguiremos actualizando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario