sábado, 17 de noviembre de 2012

CON P DE PIRATAS. . .

Nestes días as letras dan voltas nas nosas cabeciñas e ao final vemos letras por todas partes. . . falamos de que a palabra pirata comeza con P (como papa), de que luns empeza por L ( como Lena e Lucas), contamos as letras dos nosos nomes outra vez e coloreamos cada unha dunha cor, tentamos recoñecer os nosos nomes, algúns ata escribilos, recoñecemos a letra I  e pintamos un indio, e dímonos conta de que os nomes de Ismael e Ian comezan pola letra I .

Pero, como non todo van ser letras, tamén seguimos recibindo información de piratas e pouquiño a pouco ímola lendo e escoitando con moita atención, ao tempo que aprendemos vocabulario novo: timón, vela, catalexo, mástil, etc.
GRACIÑAS pola vosa colaboración !!!


CON P DE PIRATAS ... on PhotoPeach


E aqui nos tendes a voltas cas letras dos nosos nomes. . .

A VOLTAS CAS LETRAS. . . on PhotoPeach

bicos.

Bibi.

4 comentarios:

  1. Y los dibujos y pegatinas que llevó Rita no salen, ohhhhh

    ResponderEliminar
  2. Alégrame que mo comentedes. Imos ter que que facer unha investigación!!! Vos mirade por casa e eu mirarei pola clase e no casilleiro de Rita, non vaia ser que co tímida e ordenada que é o gardase sen dicirme nada ou algo así, porque a min non chegou nada... Xa me diredes!!!

    bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar
  3. Los llevó el lunes en la carpeta roja pero iban sin nombre, en uno salían una niña y un niño pirata con un tesoro. Me ha dado penita cuando vimos ayer las fotos (que siempre estamos deseando ver), y Rita comenta que los suyos no salen.
    Outro bico.
    Por cierto, están genial los enlaces de los juegos, sobre todo el de lóxica matemática, que a Rita le encanta.

    ResponderEliminar
  4. Xa decía eu...esta Rita é tan tímida que non me dixo nada...terei que mirar mañán para ver qué fixo cos debuxos, si están na carpeta, no casilleiro ou onde...e desvelar o misterio !!! je je je...
    Pobriña! Lóxico que non saian as súas fotos, é que non presentou o material aos compañeir@s e non lle saquei foto de rigor !!!

    E iso que todos os días ao rematar as nosas rutinas diarias da asamblea (elexir encargado, parar lista, poñer a data...), presentamos o material que traemos aos compañeir@s e sácolles unha foto para poñer no blog, como mostra de agradecemento e para que dalgún xeito quede constancia do que trouxo cada un, por se hai algunha dúbida á hora de devolver o material ao remate do proxecto.

    Aproveito para agradecer a todas as familias a súa colaboración, e tamén para dicir á xente que me pregunta si está a tempo de traer máis cousas, que sempre serán ben recibidas. Pero non vos preocupedes si non podedes colaborar, non é unha obriga. Xa investigaremos máis cousas e unhas veces aportaredes máis uns e outras veces outros, dependendo do tema e do tempo que teñades.

    bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar