sábado, 10 de noviembre de 2012

@S PIRATAS SOMOS XENTE DE ACCIÓN !!!

A verdade é que non paramos nin un intre, por iso non temos tempo de aburrirnos na escola.
Poñédevos cómod@s que temos moitas fotos que ensinarvos !!!

Nestes días, como xa sabedes, estamos recollendo información para iniciar un Proxecto de Piratas e xa trouxemos ao cole un lote de cousas para o noso recuncho dos piratas,  fumos á biblioteca con Luz que nos contou un conto de piratas, comezamos a decorar o recuncho. . .

@S PIRATAS SOMOS XENTE DE ACCIÓN !!! on PhotoPeach

 Pero ademáis de meternos no papel. . . fixemos moitas máis cousas como por exemplo: traballar o trazo na nosa "pizarra máxica", aprendemos a gardar os traballos na carpeta para levalos para casa, aprendemos o nº 1, traballamos os personaxes do conto " A qué sabe a lúa" ca profe Elena, xogamos cas letras dos nosos nomes e contámolas e  Marc fixo panellets ca avoa para convidarnos a merendar a tod@s o venres. . .  Marc explicounos  á súa maneira cómo os fixo e despóis limos unha carta da súa nai onde nos contaba que en Cataluña cómense cas castañas e que os fixeran con améndoas, azúcre, pataca cocida e chocolate. A verdade é que non quedou nin rastro deles porque estaban boísimos. . .  Graciñas a Marc e á súa familia. 
É un pracer que sexades tan colaboradores !!!
E agora outra tanda de fotos. . . ollo que algunhas  son de antes da ponte. . . porque con tanta festa aínda non tivéramos tempo de amosárvolas.


SEN TEMPO DE ABURRIRSE !!! on PhotoPeach

E  xa para rematar, as fotos que fixemos xogando cos nosos nomes, primeiro tentamos recoñecer cada un o seu, despois pintamos as súas letras por orde e de cores distintas, e descubrimos que uns remataban antes que outros de pintar porque tiñan menos letras ! ! ! Así que contamos as letras dos nosos nomes e. . .

Ana e Ian foron os primeiros en rematar porque os seus nomes teñen 3 letras!!!







P.D. Isto non vai ser sempre así . . . non sempre temos tantas fotos. . .

bicos.

Bibi.






4 comentarios:

  1. hola:Bibi
    A Daniel y amí,nos ha gustado mucho como esta quedando o rincon dos piratas asi como el nombre de sus compañeros y espera que dentro de poco poder volver a clase pues ya esta mejor y tiene poquitos granos y ya no le pican, asi que hasta dentro de poco,os mandamos un besito y un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Ya tenemos unos dibujitos de piratas para llevar mañana, a ver si encontramos algo más. Gracias también a las otras profes que están ayudando y enseñando a nuestros hijos

    ResponderEliminar
  3. Xeniales eses piratas!!! jeje. Na nosa "investigación" apotamos na "red" unha páxina con montóns de xogos divertidos de piratas
    http://miclase.wordpress.com/2010/11/11/pasatiempos-piratas/
    Esperamos que vos gusten.
    María e Rafa (Pais de Paula)

    ResponderEliminar
  4. Graciñas a tod@s polos vosos comentarios e pola vosa colaboración!!!
    Estamos desexando ver a Dani, Carmen e Naiala que seguen maliñ@s. Recuperádevos pronto para vir a "piratear" !!!

    bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar