jueves, 1 de noviembre de 2012

MAGOSTO E SAMAÍN, EU NUNCA TAL COUSA VIN !!!

Nestes días, como xa sabedes estivemos moi ataread@s preparándonos para festexar o Magosto e o Samaín. Esta semaniña, resultou outra vez curta pero moi intensa. . . Rematamos o libro do conto "Corre, corre, cabaciña" que levaremos para casa á volta da ponte, decoramos a clase con cabazas e outros adornos que trouxemos da casa, fixemos arañas noxentas que metían moito medo , trouxemos castañas para o Magosto, visitamos a decoración de Samaín que está na entrada do cole, traballamos o medo (algo bastante habitual nestas idades) e sacamos algunha foto sorpresa unha vez que desvelamos o misterio da castaña xigante que tiñan @s compañeiros da clase de 4 anos B. 
Seguro que estades desexos@s por ver tanta cousa. . . pois. . . sentádevos  tranquil@s e tomádevos o voso tempo porque temos moitas fotos. . .


MAGOSTO E SAMAÍN... EU NUNCA TAL COUSA VIN !!! on PhotoPeach

Afondamos un pouquiño nos nosos medos, xa que as datas préstanse para tratar o tema, tratamos de restarlles importancia e rirnos do medo. . . Por exemplo, xa ninguén lle ten medo os monstruos !!! Queredes saber cómo?

Contamos o conto " Dónde viven los monstruos" de Maurice Sendak. Un clásico polo que non pasan os anos. . .



E perdimos o medo aos monstruos xogando asi na nosa pizarra máxica. . .




Aqui vos deixamos o enlace do xogo por si queredes xogar na casa. Premede onde pon XOGO DE MONSTRUOS, debaixo do debuxo.



E desvelado o misterio da castaña xigante que tiñan os compañeir@s de 4 anos B, fíxonos moita ilusión que nos deixaran sacar unha foto no seu "castañomatón ", unha idea xenial da profe Sandra. Graciñaaaaaas !!!




Boa ponte a tod@s.

bicos.

Bibi.




4 comentarios:

  1. Están genial las fotos y menuda fiesta, que sorpresa Rita comiendo castañas. La araña tiene mucho éxito y nos han gustado mucho los trabajos de clase


    Un saludo

    ResponderEliminar
  2. Lo mismo digo, genial las fotos, están todos guapísimos y a mi también me sorprendió que Paula comiera las castañas jeje.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas a tod@s polos vosos comentarios!!!
    Tanto Rita como Paula, non é que comesen moitas castañas, pero polo menos tiveron curiosidade e probáronas... A min tamén me sorprenderon...
    Ah! Astrid debémosche a coroa do cumple e o libro !!! Con tanta festa nin conta nos dimos. . .
    Graciñas tamén a tod@s @s que trouxéchedes cabazas e outras cousiñas para decorar a clase. As cabazas, xa as mandei para casa para que non se estropeasen na ponte, e o resto dos adornos levaranos nestes días.

    Foi unha pena que moit@s estaban maliñ@s e perderon a festa. . . pero teñen a súa araña na clase agardando por el@s !!!

    bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar
  4. JUAPOS, JUAPOS E JUAPOS QUE SAIRON ESTOS PEQUERRECHOS.

    ResponderEliminar