Lembrades ese traballiño que fixéchedes c@s vosos pequen@s no mes de Outubro no que poñíades a súa foto e escribíades o seu xogo favorito ? ? ?
Seguro que non porque xa fai moito. . .
E seguro que pensábades. . . ¿qué faría esta muller co traballiño?
Pois a espera valiu a pena . . . Por fin teño os traballiños de tod@s e podemos desvelar o misterio !!!
O primeiro que facíamos ao chegar á escola co traballiño era presentarnos aos compañeir@s: dicir o noso nome, ensinar a foto e contar qué estábamos facendo nela, dicir cal é o noso xogo favorito e quén nos axudou a escribilo.
Aqui nos tendes presentándonos . . .
ASI SOMOS OS PIRATAS DA RÍA. on PhotoPeach
Pois ben, unha vez feitas as presentacións, plastifiquei todos os traballiños e Alfredo (o noso conserxe todoterreo) encuadernoumos. Puxemos de portada un debuxo que eleximos por votación popular e que trouxo Natalia e . . . Libro viaxeiro listo!!!
Fixemos un libro que levarán para casa para desfrutar coas familias e presentarvos aos seus amig@s. Cada fin de semana tocaralle a un deles por orde de lista.
Pero como a todo hai que adornalo con algo de maxia. . .o libro viaxeiro vai dentro dun maletín viaxeiro. . .E asi ten que vir de volta á escola . . . Cando vos toque tendes que coidalo moito para que todo o mundo poida desfrutalo en bo estado.
O maletín comezou a viaxar o fin de semana pasado e levouno Lena.
Esta fin de semana tocoulle a Ana.
P.D. Lembrade que o luns ïmos facer unha degustación de froitos e hoxe levaron unha carta dicindo qué froito ten que traer cada un.
Xa veremos o que se atreven a probar e o que non . . .
bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario