A verdade é que sodes moi colaboradores e traedes un lote de cousiñas que enchen de emoción e maxia a nosa clase.
A semana pasada, como vos ensinamos as fotos da nosa primeira excursión e do libro viaxeiro, non vos ensinamos as novidades piratas que recibimos nin o moito que traballamos: lemos cousas de piratas, aprendemos a escoitar con atención, a levantar a man para falar e escoitar aos compañeir@s e ás profes, a facer círculos, o nº 1 e identificar a letra i, tentamos poñer o noso nome, rematamos algún traballiño de Outono, aprendemos cousas sobre as froitas e degustámolas, falamos de cómo resolver os problemas falando e non pegando e . . . ata da Constitución falamos. . .

E á pregunta de si falaron co Rei Melchor por teléfono. . . a resposta é SIIIII. . . Teño o seu teléfono e o martes chamámolo e algún falou con él e. . . o Rei tamén escoitou como algún berraba e pataleaba no chan. . . Non sei eu si terá que mercar máis carbón. . .
Hoxe tócavos ver un bo lote de fotos. . .
Tomade asiento que comezamos. . .
NOVIDADES PIRATAS on PhotoPeach
E agora outras cousiñas que fixemos ao longo destes días. . .
COUSIÑAS QUE NON VOS ENSINAMOS AÍNDA. . . on PhotoPeach
Ah! Esta fin de semana non mandamos o libro viaxeiro porque é tan longa que non me parecía xusto que ninguén o tivese máis tempo que os demáis. . .
Que pasedes unha boa ponte e que non teñades que sonarvos tantas veces coma min. . .
bicos.
Graciñas polos vosos comentarios nos vídeos!!!
ResponderEliminarParece que teño un "don" para poñerme mala cando hai unha ponte ou fin de semana longo. . . moitos paquetes de pañuelos levo gastados . . .
Ata o luns !!! Sen virus, por favor !!!
Queda prohibido contaxiar á profe !!!
bicos.
Bibi.