Ao fío do artigo que nos recomendou Loli no vídeo que vos deixei o outro dïa (graciñas por darme o pé. . .), aproveito para facer unha entrada adicada ás familias, papás e mamás aos que ás veces presiónanvos con opinións de expertos de todo tipo e xa non sabedes qué é o mellor para os vosos pequen@s. . .
Pensade que a infancia non é unha competición, que están en pleno desenvolvemento e que o voso fill@ non é mais ou menos list@ porque escriba antes ou despóis, por exemplo. Cada quén ten os seus tempos.
A clave nestas idades está na motivación (facer que teñan curiosidade e ganas de aprender cousas novas) e no aprendizaxe lúdico (que aprendan xogando, sen decatarse case e dun xeito divertido ).
Tendes que saber tamén que a Educación Infantil (que noutros países non existe como tal) aqui non é obligatoria. De feito hai xente que non os escolariza ata que teñen 6 anos e entran na Educación Primaria. Polo tanto, o que facemos de 3 a 6 anos, en Educación Infantil é iniciación á lectoescritura e á loxica-matemática. Para entendernos: xogar coas letras e os números, e descubrir o mundo. Hai moitas maneiras de xogar e moitas maneiras de aprender, nin pasar todo o día facendo fichas, nin non facer ningunha. . .
Asi que non vos sintades presionad@s e, sobre todo, non vos deixedes presionar. Ides ler e escoitar moitas opinións ó longo da vida dos vosos fill@s, pero que non vos abandone o sentido común, non vos agobiedes, non agobiedes aos vosos cativ@s e confiade e nós.
Preocúpavos moito a lectoesritura, xa o sei. . . é un clasico. . .
Ca iniciación á lectoescritura que se fai en Infantil (xogando cas letras. . .) algúns chegarán lendo a Primaria e outros non, pero cada un ten os seus tempos e xa dixemos que non é unha competición !!!
Iso non é o importante, o importante é a motivación, o gusto pola lectura, polos libros, que descubran un mundo a través das palabras, que poidan aprender a desfrutar, emocionarse. . . e todo a través das palabras e dos libros. . .
Xa que tanto se fala da Educación en Finlandia ultimamente, déíxovos un artigo no que falan dalgunhas cousas cas que estou en consonancia: confianza, transparencia, respecto e ensinar a pensar. E eu engadiría, que neste barco estamos tod@s xunt@s: familia e escola. Non vos esquezades diso !!!
Aqui vos deixo o artigo que nos recomenda Loli, por si alguén non o atopa:
O artigo da Educación en Finlandia que atopei eu:
E un manual dos soños. . . que sigo ó pé da letra e que vos recomendo !!!
gracias bibi, dudaba en publicar el comentario pero esta semana me vi poniendo "deberes" a Rita y pensé, pero ¿que hago?
ResponderEliminarDisfrutemos con ellos todo lo que podamos, su mágico mundo desaparece tan pronto y se hacen verdaderamente autómos muy rápido. Es verdad que nos liamos con opiniones de todo tipo, he intentado seguir la crianza con apego tan alabada por carlos González y rosa jove pero estoy empezando a pensar que no hay nada infalible y nos tenemos que guiar por nuestro instinto, un beso y gracias otra vez