sábado, 25 de enero de 2014

A SORPRESA DE PEPITA. . .

A bruxa Pepita, ademáis de coidar os libros da nosa clase, ás veces ocupa o seu tempo libre  (ten moito. . . porque é funcionaria. . . ) facendo trasnadas. Pero outras veces, cando nos portamos moi ben, danos algunha que outra sorpresiña. . . 
Iso foi o que sucedeu este martes.
Cando chegamos á clase pola mañán atopamos un agasallo, unha nota de Pepita e algunha sorpresiña máis. . . 


Por fin somos capaces de traballar en silencio. . . ejem. . . ou casi. . . para concentrarnos moito moito. . . e ao estar a clase tranquila, por fin medrou a letra a. E tamén grazas aos coidados de Pepita que é a única que se lembra de regar o xardín. Cando entramos na clase, xa intuímos que medrara unha nova letra, pois ulía mooooooito a flores. . .  E acertamos !!!
 Por certo, graciñas á profe Sandra pola idea do perfume. Estás en todo compañeira!!! 
E asegúrovos que ulía a flores porque fóiseme a man botando. . . 


Rita, que foi a encargada o martes, abriu o agasallo e ensinouno a tod@s.


Era un libro das vogáis.


Bicos.

2 comentarios:

  1. Eu sei de un que as trasnadas de Pepita o traen de cabeza e lle encantan as historias desta bruxa funcionaria.

    ResponderEliminar
  2. Seino, seino. . . Agora ten convencidos a varios de que Pepita encolle os lápices pola noite. . . ainda que os afile diante dos seus narices. . . non caen na conta de que é por iso que se fan máis pequenos. . .
    Bendita inocencia ! ! !
    Como detectives non teñen prezo. . . ja ja ja. . .

    Bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar