sábado, 18 de enero de 2014

QUÉ DIFERENTES SOMOS DOS PEIXES ! ! !

Esta semana retomamos o tema do mar.
A pouquiños imos escoitando as cousas que nos lé a profe sobre o mar e os peixes dos libros que nós mesmos aportamos para as nosas investigacións.
Esta semana falamos do corpo dos peixes, das súas partes, e comparámolos cos nosos corpos que xa investigamos o curso pasado.


Lembramos a función respiratoria que cumpren os nosos pulmóns e aprendimos que os peixes non os teñen, que teñen branquias; tamén que tanto nós coma os peixes necesitamos osíxeno para respirar, pero nós obtémolo do aire e eles da auga; falamos da ausencia de pálpebras nos ollos dos peixes e como a propia auga do mar axuda a que teñan os ollos húmedos e limpos, dos nomes e funcións das distintas aletas que teñen, das escamas que cubren o seu corpo, etc. 
Supoño que de todo o que ímos lendo, que é moito, cada quén retén o que máis lle chama a atención. Pero o noso interese polo mar parece infinito. . . e resulta reconfortante ver como nos lembramos de moitas das cousas que ímos lendo.


Aqui nos tendes plasmando parte do aprendido, e tentando colocar os nomes das partes dos peixes no lugar axeitado. Isto tamén é un traballo de lectoescritura, posto que temos qué fixarnos nas letras polas que empezan e rematan as distintas palabras, si son longas ou curtas e en cómo sonan algunhas das maiúsculas que xa coñecemos ben, para colocar as etiquetas correctamente.

E agora a miña intención era poñer a sesión de vídeo. . . pero vai ser que non as quere. . . hoxe o vídeo non vai, eu podo velo na casa e o teño montado pero. . . non quere subir ao blog. . . xa probarei outro día. . .

Déixovos daquela, algunhas fotos un pouquiño montadas para que se vexan bonitas.
No vídeo saen máis, agardo poder subilo ao longo destes días.











Que teñades unha boa semana.

Bicos.

AS PARTES DOS PEIXES on PhotoPeach
Prométovos que non fixen nada diferente ao que fixen outras veces. Pero PhotoPeach que é co que fago sempre os vídeos debeu cambiar, e non me convence o resultado. Por hoxe pasa, pero penso que vou cambiar de "facedor de vídeos". Si pinchades onde está o recadro cas frechas poñédelo en pantalla completa e si pinchades sobre as fotos vese máis grande, non sei qué facer para que se escoite a música...e... non vos podo dicir máis... Ás veces as cousas non saen como nós queremos, qué se lle vai facer...

No hay comentarios:

Publicar un comentario