Aqui tendes o resultado do traballo no noso Imaxinario da Paz.
Graciñas pola vosa colaboración para ilustrar cada unha das palabras que o compoñen, por axudarnos a comprender o seu significado, e colaborar para que coñezamos que podemos facer para traballar pola paz todos os días do ano.
Despóis de ter exposto o resultado do noso traballo en equipo no pasillo durante unha tempada, comeza o tempo de poder desfrutar del en familia.
Tal e como fixemos o curso pasado con algún traballiño, o Imaxinario viaxará polas nosas casas dentro dun maletín viaxeiro.
Temos que coidar moito tanto o maletín como o Imaxinario, para que tod@s poidan desfrutar del en bó estado cando lles toque levalo ás súas casas.
Dentro do maletín, o imaxinario estará acompañado dunha carta que nós mesmos axudamos a preparar. Nela estará escrita a data de devolución á escola, que será moi importante que cumprades para que tod@s o teñamos na casa o mesmo número de días, e que teñamos tempo de que percorra todas as casas.
Asi foi como presentamos e explicamos aos compañeir@s a palabra que nos tocou ilustrar, aínda que algunhas, como veredes, ilustrámolas entre tod@s na aula.
IMAXINARIO DA PAZ on PhotoPeach
O imaxinario xa comezou a súa viaxe, agardamos que vos guste ! ! !
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario