sábado, 22 de febrero de 2014

A OVELLA TECELÁ.

Fai uns días, unha caixa misteriosa acompañada dunha postal e un libro chegaron á nosa clase.
Investigamos e lemos a postal para saber quen deixara esas sorpresas na nosa clase.
Así foi como descubrimos quen era "A ovella tecelá", unha ovelliña á que querían cortar a súa lá toooooooda e que nos pedía axuda, para o que tiñamos que visitala na Biblioteca do Fórum do Parque Europa da Coruña.
Limos o conto que nos enviou, abrimos a caixiña misteriosa e comprobamos como dentro había unha pouquiña da lá que lle quitaron.


Nos días previos á visita á Biblioteca aprendimos a diferenza entre: libros informativos e libros de contos, xa que tiñamos qué saber o que atoparíamos na nosa visita.
Cos libros informativos aprendimos algunhas cousiñas das ovellas, da Coruña, e . . .  moitas cousas do mar. 

Pasaron os días e chegou o momento da visita. 
Antes de entrar na Biblioteca, mentres que os nen@s da profe Pilar estaban dentro, nós estivemos xogando no parque e pasámolo fenomenal. . . despóis de tantos días chovendo ! ! !


E por fín, entramos na Biblioteca, coñecimos á "Ovella Tecelá" e a súa amiga Uxía,  que era a bibliotecaria.
Ensináronos moitos libros, cousas sobre  ovellas, contáronos un conto, vimos un vídeo e . . . descubrimos por que lles cortan a lá ás ovellas e qué fan con ela.


E xa para rematar, antes de coller o bus de volta ao cole, visitamos un dragón ! ! ! 
E de volta ao cole, fixemos una debuxos chuliiiiiiisimos.


E agora a poñerse cómod@s que temos un lote de fotos !!!

MIrade qué ben o pasamos no parque. . . 

Xogando no Parque Europa da Coruña ! ! ! on PhotoPeach

E así de formaliños estivemos na Biblioteca. . . 

Biblioteca Fórum Parque Europa on PhotoPeach

Bicos e boa semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario