Agora que están tan de moda as novas tecnoloxías, nós temos un invento do mais rústico pero que nos axuda a entender as sumas.
Si, si, tal cual como o estamos contando. . . temos unha máquina de sumar ! ! !
E como sabemos que sumar é xuntar, aqui nos tendes en acción. . .
2 pezas vermellas por un lado + 3 pezas amarelas polo outro = 5 pezas ! ! !
E despóis, levámolo á práctica de maneira individual no papel, axudándonos de gomets.
Pero a profe, que ás veces é un pouco mais bruxa que Pepita. . . púxonos sumas diferentes para que non puidésemos copiar polo veciñ@ do lado. . . e empregásemos o cerebro. . .
E non o fixemos nada mal ! ! !
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario