O pasado 21 de marzo foi o día mundial da árbore.
Nós celebrámolo acudindo a un concerto didáctico no Conservatorio de Culleredo, no que participamos facendo distintos xogos musicais, aprendimos cousas relacionadas ca música e tamén ca importancia das árbores nas nosas vidas.
Neste vídeo podedes comprobar o ben que o pasamos no concerto! ! !
CONCERTO DIDÁCTICO DO DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach
Despóis, na clase, fixemos un traballiño cunha ficha que nos pasou a profe Lucia.
Falamos un pouquiño das árbores e de que non todas son iguais: unhas perden as follas no outono, outras consérvanas todo o ano, algunhas teñen flores, outras froitas, etc.
Foi un traballiño ao que adicamos varios días.
Un día escribimos e pintamos as folliñas con ceras. . .
Outro día coloreamos a árbore con pintura e pincel ! ! ! Que maiores imos xa ! ! !
Outro día, cando as árbores secaron, decidimos poñerlle flores, laranxas ou mazás vermellas.
E quedaron unhas árbores chulísimas ! ! !
Pero ademáis aprendimos, que ás veces hai que ter paciencia, e temos que facer o traballo a pouquiños para que quede ben bonito.
Mirade canto traballamos ! ! !
21 DE MARZO: DÍA DA ÁRBORE on PhotoPeach
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario