Esta semana, ao chegar á nosa clase atopámonos cunha sorpresa misteriosa. . .
O curioso foi, que nos sentamos como todos os días e ninguén se atreveu a levantar o pano que cubría o noso obxecto misterioso, pero a expectación era máxima, e os primeiros en chegar corrían ao baño para apurar aos demáis a sacar abrigos e mochilas e sentarnos tod@s o mais rápido posible.
Decidir quen levantaba o pano foi fácil. Tod@s dicían que fose o encargad@.
Sacamos un nome do sobre ao azar, sen mirar, e. . . tocoulle a Adrián ese privilexio, previo toque de variña máxica, por suposto.
Ao levantar o pano, apareceu un maletín, pero seguía a ser un misterio o seu contido, pois tardaron un anaco en decatarse de que nun dos seus lados poñía " Os Bolechas".
Por fin, abrimos o maletín e atopamos un lote de libros dos Bolechas cos que ímos aprender moitas cousas, pero temos que coidalos moito, porque son contos que a Bruxa Pepita trouxo da Biblioteca do noso cole e que temos que devolver en bo estado para que outr@s nen@s poidan desfrutar deles.
LEMBRADE QUE MAÑÁN ENTREGAMOS AS NOTAS E LEVAREMOS OS NOSOS TRABALLIÑOS DESTE TRIMESTRE PARA CASA.
SI ALGUÉN NON TROUXO A CARPETA DE VOLTA DESPÓIS DAS VACACIÓNS DE NADAL, POR FAVOR QUE MAÑÁN NON SE OLVIDE DE TRAELA PARA LEVAR OS TRABALLIÑOS NELA.
Que teñades unha boa semana.
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario