viernes, 23 de mayo de 2014

CONCERTO DE XABIER DÍAZ.

O martes rebimos na escola unha visita moi especial, Xabier Díaz do grupo Berrogüeto cantou e tocou para nós.


Aprendimos a tocar unha pandeireta máis grande e outra máis pequena, o pandeiro e o acordeón.
E tamén uha canción dunha formiga que cantamos logo no patio, na actuación que fixo para toda a escola.

Así dicía a canción:

Se ti viras o que eu vin
habíaste estremecer.
Unha formiga con rabo
que me quería comer.
Ai mandilín, ai mandilón,
vente conmigo a bailar ao salón.
Ao salón si, 
ao salón non,
ai mandilín, mandilín, mandilón. . . 

Mirade qué ben o pasamos! ! !

Visita de Xabier Díaz on PhotoPeach
Despóis actuou para todo o cole no patio e tod@s comprobaron o ben que cantamos en Infantil! ! !


Graciñas a Xabier Díaz por visitarnos desinteresadamente e á profe Aurora por conseguir que viñese! ! !
Bicos.

CUMPLE DE IZAN ! ! !

Onte celebramos o cumple de Izan, que nos convidou a 2 biscoitos riquísimos ! ! !
Xa temos case tod@s 5 anos! ! ! Que emoción! ! !


As velas tiñan truco e tivo que soprar como o lobo feroz para poder apagalas ! ! ! ja ja ja. . . 
Tamén nos convidou a uns doces que deixamos para despóis da comida e. . . coma sempre. . . o tempo non nos chega a nada e debémoslle a postal asinada! ! !

Farémoscha para a semana.

Espero que teñas moitos agasallos! ! !
Moitos bicos.

sábado, 17 de mayo de 2014

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Hoxe 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas.


Este ano, esta data está adicada a Xosé María Diaz Castro.


Por iso, ao longo da semana, fomos coñecendo cousiñas sobre a súa biografía e plasmándoas nun pequeno caderniño que levamos onte para casa.
E tamén ensaiamos, un pouquiño cada día, o seu poema musicado "Esmeralda" para cantalo no patio.

Esmeralda.

Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sen ti!

Ademáis onte celebramos no patio, xunto con todo o cole, esta conmemoración. 



Escoitamos con atención as cousas que lían os maiores sobre Xosé María Diaz Castro.


Presenciamos a entrega de premios de relato curto e poesía.


E cantamos "Esmeralda" e o Himno Galego, acompañados por uns estupendos frautistas.


Que teñades un feliz Día das Letras Galegas! ! !

Bicos.

TENTAMOS ESCRIBIR SOLIÑ@S! ! !

 Nestes últimos días, tendo en conta a ansia que nos levan as letras , ler e escribir; a profe propúxonos escribir as 3 partes nas que se divide o corpo dos insectos.


Das nosa cabeciñas saía fume ! ! ! ja ja ja. . . Pero non o fixemos nada mal, cada un ao seu ritmo e según as súas posibilidades; porque coma sempre, non hai presa. . . só son pequenos experimentos! ! ! 


O que si me parece interesante é que lles digades que tenten razonar eles e non copiar polo veciño do lado, como lles digo eu . . . ejem. . . xa tan pequeniñ@s e copiando !!! ja,ja, ja. . . 
 Agora en serio, este tipo de experimentos, axúdanme a saber cómo razonan e e qué etapa do proceso de adquisición da lectoescritura se atopan, para poder axudalos mellor. Por iso, non ten ningún valor, nin me resulta de axuda o copiado do veciñ@; salvo para saber que teñen moita pillería (cousa que a estas alturas da peli xa sabía, por certo).

Aqui os tendes en acción: coloreando a formiga, recortando as tres partes, pegándoas ordenadas para facer o puzzle e tamén escribindo o nome de cada unha das 3 partes do corpo. 

Por certo, aproveito para contarvos que últimamente facemos moitas actividades que implican recortar, e posto que nos ímos facendo maiores tamén podemos recortar na casa para coller máis práctica e mellorar así a motricidade fina.

AS PARTES DO CORPO DO INSECTO on PhotoPeach

Un último consello: Non teñades presa porque lean ou escriban, cada un ten o seu ritmo de maduración e vaino facer ao seu tempo. O importante é que atendan e que escoiten,  isto último é moooooi importante.

Bicos.

viernes, 16 de mayo de 2014

SEGUIMOS RECIBINDO AXUDA COS INSECTOS.

Seguimos recibindo axuda do mais variada para investigar os insectos: xogos, debuxos, bonecos para xogar de distintos bichos, vídeos, películas, etc.
Aqui tendes unha pequena mostra do que ímos recibindo, faltan cousas aínda que vos iremos mostrando pouco a pouco.

SEGUIMOS RECIBINDO AXUDA! ! ! on PhotoPeach

Aqui tendes o vídeo que trouxo Rita, ca historia dunha bolboreta que entrou na súa terraza, puxo ovos nunha planta da súa nai e . . . 


E este é o vídeo que trouxo Noel, con fotos de moitos bichiños dos que fomos falando para distinguir os que eran insectos dos que non.


Graciñas a todos pola vosa colaboración !!!

Bicos.

sábado, 10 de mayo de 2014

CONTACONTOS "O HOME DO SACO"

Esta semana foi moi emocionante e especial.
Si comezamos vendo unha exposición, non foi menos interesante como lle puxemos o broche final, nin mais nin menos que cunha espectacular sesión de contacontos.


Escoitamos o conto do "Home do saco", e agora xa sabemos que non hai que terlle medo porque. . . non existe ! ! !

Como podedes ver estabamos completamente entregados ao relato, sen pestanexar e facendo todo o que nos mandaban. . . 

CONTACONTOS: O HOME DO SACO. on PhotoPeach

Coma sempre, foi impresionante e as profes desfrutamos tanto como os nen@s! ! !

Bicos.

EXPOSICIÓN DE BICHOS.

Comezamos a semana vendo unha exposición de bichos con material aportado polas familias.
Para que os nen@s non se confundisen, aos que non eran insectos puxémoslle un puntiño vermello.
Pero tod@s teñen moi claro xa que os insectos son os que teñen só 6 patas ! ! !

Aqui nos tendes en acción, formaliños como si estivésemos nun museo ! ! !


EXPOSICIÓN DE BICHOS. on PhotoPeach

Estamos desfrutando moito este proxecto.
Graciñas familias polas vosas aportacións ! ! !

jueves, 1 de mayo de 2014

INVASIÓN DE INSECTOS NA CLASE ! ! !

Este trimestre ímos investigar os insectos. Para iso, unha vez mais teño que agradecer a colaboración das familias que xa mandaron moito e diverso material. Aqui tendes unha mostra! ! !


Axuda cos insectos ! ! ! on PhotoPeach

Puxemos os cerebros a funcionar para pensar que sabemos dos insectos e que nos gustaría aprender.
E tomamos boa nota das nosas ocurrencias. . . que son moitas. . . 


Eleximos un nome para as nosas mesas, falando, convencendo aos compañeir@s, facendo alianzas, e mesmo nalgún caso discutindo un pouquiño. . . ejem. . . 

Pero o trato era que tiñan que aprender a falar, escoitarse (cousa ben importante e que lles custa moooooito) e poñerse  dacordo para elexir un insecto e un encargado de ir buscalo e colocalo na mesa.

E aqui nos tendes en pleno Consello de Ministros ! ! !


Ao final a cousa quedou así, pero. . . con algún reaxuste que tiven que facer eu nesta semana por problemas de comportamento. . . ejem. . . moito falamos pero pouco escoitamos e non deixamos traballar.





Vimos parte dunha presentación sobre insectos que nos preparou a profe Pilar e agora xa sabemos algunhas  cousas: 
1. O mais importante, que para saber distinguir aos insectos temos que contarlles as patas: os insectos teñen 6 patas.


2. O corpo dos insectos divídese en 3 partes: cabeza, tórax e abdome.


3. Teñen 2 antenas.


4. Non todos teñen ás.

As libélulas por exemplo si que teñen. 

Algunhas formigas non teñen.

5. Nacen dun ovo, polo que son ovíparos.


6. As arañas NON son insectos porque teñen 8 patas.


Aqui nos tendes vendo a presentación:


Preparamos a portada do  traballo que imos facer para estudar os insectos.


Comimos galletas con abelliñas que nos trouxo Victor para merendar ! ! !


Deixamos que os insectos invadisen a nosa clase e as nosas vidas! ! !




E tamén vimos algúns vídeos que nos fan rir mooooooito, nos que vemos insectos, pero tamén traballamos a empatía, o poñerse no lugar do outro, non chinchar, molestar nin portarse mal cos compañeir@s.
Son curtos que dan moito xogo para ter conversas moi interesantes e traballar valores ou conductas pouco acertadas.
Este é dunhas xoaniñas un pouco burlonas. . . 



E este dun saltamontes con gusto polas bromas pesadas. . . 



Desfrutade da ponte e voltade con moitas ganas, que xa non queda nada e temos que comezar a practicar para portarnos como nen@s de 5 anos, xa que para o próximo curso seremos os maiores de infantil! ! !

Moitos bicos.