jueves, 1 de mayo de 2014

INVASIÓN DE INSECTOS NA CLASE ! ! !

Este trimestre ímos investigar os insectos. Para iso, unha vez mais teño que agradecer a colaboración das familias que xa mandaron moito e diverso material. Aqui tendes unha mostra! ! !


Axuda cos insectos ! ! ! on PhotoPeach

Puxemos os cerebros a funcionar para pensar que sabemos dos insectos e que nos gustaría aprender.
E tomamos boa nota das nosas ocurrencias. . . que son moitas. . . 


Eleximos un nome para as nosas mesas, falando, convencendo aos compañeir@s, facendo alianzas, e mesmo nalgún caso discutindo un pouquiño. . . ejem. . . 

Pero o trato era que tiñan que aprender a falar, escoitarse (cousa ben importante e que lles custa moooooito) e poñerse  dacordo para elexir un insecto e un encargado de ir buscalo e colocalo na mesa.

E aqui nos tendes en pleno Consello de Ministros ! ! !


Ao final a cousa quedou así, pero. . . con algún reaxuste que tiven que facer eu nesta semana por problemas de comportamento. . . ejem. . . moito falamos pero pouco escoitamos e non deixamos traballar.





Vimos parte dunha presentación sobre insectos que nos preparou a profe Pilar e agora xa sabemos algunhas  cousas: 
1. O mais importante, que para saber distinguir aos insectos temos que contarlles as patas: os insectos teñen 6 patas.


2. O corpo dos insectos divídese en 3 partes: cabeza, tórax e abdome.


3. Teñen 2 antenas.


4. Non todos teñen ás.

As libélulas por exemplo si que teñen. 

Algunhas formigas non teñen.

5. Nacen dun ovo, polo que son ovíparos.


6. As arañas NON son insectos porque teñen 8 patas.


Aqui nos tendes vendo a presentación:


Preparamos a portada do  traballo que imos facer para estudar os insectos.


Comimos galletas con abelliñas que nos trouxo Victor para merendar ! ! !


Deixamos que os insectos invadisen a nosa clase e as nosas vidas! ! !




E tamén vimos algúns vídeos que nos fan rir mooooooito, nos que vemos insectos, pero tamén traballamos a empatía, o poñerse no lugar do outro, non chinchar, molestar nin portarse mal cos compañeir@s.
Son curtos que dan moito xogo para ter conversas moi interesantes e traballar valores ou conductas pouco acertadas.
Este é dunhas xoaniñas un pouco burlonas. . . 



E este dun saltamontes con gusto polas bromas pesadas. . . 



Desfrutade da ponte e voltade con moitas ganas, que xa non queda nada e temos que comezar a practicar para portarnos como nen@s de 5 anos, xa que para o próximo curso seremos os maiores de infantil! ! !

Moitos bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario