Este trimestre ímos investigar os insectos. Para iso, unha vez mais teño que agradecer a colaboración das familias que xa mandaron moito e diverso material. Aqui tendes unha mostra! ! !
Axuda cos insectos ! ! ! on PhotoPeach
Puxemos os cerebros a funcionar para pensar que sabemos dos insectos e que nos gustaría aprender.
E tomamos boa nota das nosas ocurrencias. . . que son moitas. . .
Eleximos un nome para as nosas mesas, falando, convencendo aos compañeir@s, facendo alianzas, e mesmo nalgún caso discutindo un pouquiño. . . ejem. . .
Pero o trato era que tiñan que aprender a falar, escoitarse (cousa ben importante e que lles custa moooooito) e poñerse dacordo para elexir un insecto e un encargado de ir buscalo e colocalo na mesa.
E aqui nos tendes en pleno Consello de Ministros ! ! !
Ao final a cousa quedou así, pero. . . con algún reaxuste que tiven que facer eu nesta semana por problemas de comportamento. . . ejem. . . moito falamos pero pouco escoitamos e non deixamos traballar.
Vimos parte dunha presentación sobre insectos que nos preparou a profe Pilar e agora xa sabemos algunhas cousas:
1. O mais importante, que para saber distinguir aos insectos temos que contarlles as patas: os insectos teñen 6 patas.
2. O corpo dos insectos divídese en 3 partes: cabeza, tórax e abdome.
3. Teñen 2 antenas.
4. Non todos teñen ás.
5. Nacen dun ovo, polo que son ovíparos.
6. As arañas NON son insectos porque teñen 8 patas.
Aqui nos tendes vendo a presentación:
Preparamos a portada do traballo que imos facer para estudar os insectos.
Comimos galletas con abelliñas que nos trouxo Victor para merendar ! ! !
Deixamos que os insectos invadisen a nosa clase e as nosas vidas! ! !
E tamén vimos algúns vídeos que nos fan rir mooooooito, nos que vemos insectos, pero tamén traballamos a empatía, o poñerse no lugar do outro, non chinchar, molestar nin portarse mal cos compañeir@s.
Son curtos que dan moito xogo para ter conversas moi interesantes e traballar valores ou conductas pouco acertadas.
Este é dunhas xoaniñas un pouco burlonas. . .
E este dun saltamontes con gusto polas bromas pesadas. . .
Desfrutade da ponte e voltade con moitas ganas, que xa non queda nada e temos que comezar a practicar para portarnos como nen@s de 5 anos, xa que para o próximo curso seremos os maiores de infantil! ! !
Moitos bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario