Chegou o momento do reencontro, de contar aos amig@s o que fixemos nas vacacións, compartir de novo xogos, contos, merendas e aventuras. Chegou setembro e voltamos á escola, pero agora somos os maiores de infantil, os responsables, os que temos que dar exemplo, coidar dos pequenos e deixarlles xogar, igual que fixeron con nós cando chegamos ao cole.
Estamos na clase de 5 anos e por iso hai algúns cambios no noso día a día: estamos en equipos mais pequenos, con menos xente e así traballamos mais tranquil@s. Ademais agora os nosos equipos de mesa teñen un número e tamén as nosas bandexas co material, cada mesa ten a súa e temos que coidar moito as cousas.
Pero hai cousas que non cambiaron, pois seguimos desfrutando coma sempre dos momentos de xogo compartidos nos rincóns. . .
. . . e tamén dos venres de cine. . .
Aqui vos deixamos un vídeo dalgunhas das cousas que fixemos nestes días de reencontro.
Reencontro na clase de 5 anos! ! ! on PhotoPeach
Moitos bicos e boa fin de semana! ! !
Graciñas polos vosos comentarios no vídeo ! ! !
ResponderEliminarBicos.
Bibi.