Esta semana limos un conto rimado porque xa ímos maiores e hai que ler textos de distintos tipos.
Para a ocasión elexín o conto " Cocodrilo" da Editorial Kalandraka, que foi un dos que pedimos aos Reis o curso pasado.
Á ultima hora da mañán dinlles a elexir entre ir aos rincóns ou facer un boneco do cocodrilo. Algúns fixeron as dúas cousas e outros só unha, pero as eleccións son tamén unha responsabilidade de maiores.
Tivemos a nosa segunda clase de música co profe Vicente, e podo dar fé de que o pasan xenial e atenden moito na aula de música, tanto ou mais que os maiores de Primaria.
Queredes velos en acción ? ? ?
Música maestro ! ! ! on PhotoPeach
Estivémonos preparando para comezar a investigar
O ESPAZO ! ! !
TODO O MUNDO PREPARADO PORQUE
DESPEGAMOOOOOOOOS! ! !
Estivémonos preparando para comezar a investigar
O ESPAZO ! ! !
TODO O MUNDO PREPARADO PORQUE
DESPEGAMOOOOOOOOS! ! !
No noso venres de cine comezamos a nosa motivación cara ao proxecto que ocupará nas próximos meses as nosas cabeciñas.
E despois preparamos a carta para levar a casa e informar ás nosas familias do que queremos investigar.
E rematamos a semana no ximnasio facendo distintos xogos para traballar a Psicomotricidade.
O que vedes, non son fotos movidas. . . é que a cámara non pode captar a nosa velocidade supersónica ! ! ! je je je. . .
Non podo rematar a semana sen dicir que, en xeral, estou moi contenta co comportamento da aula e a súa atención. Seguide así meus pequenos grandes piratas ! ! !
Boa semana ! ! !
Bicos.
Graciñas polo comentario no vídeo!!!
ResponderEliminarBicos.
Bibi.