Como vedes, seguimos recibindo axuda para as nosas investigacións.
Trouxemos: libros, xoguetes, carnés de astronautas, e noticias de prensa que lemos con curiosidade científica para informarnos de cómo vai a misión de Philae no Cometa 67 P.
Xogamos con Lena a facer pesca espacial ! ! !
Este xogo tan divertido é para compartir tamén co seu irmán Xoel e os seus amigos, así que a vindeira semana levarémolo para clase de Pilar.
E por último, ainda que non menos importante, ilustramos unha noticia de prensa que falaba do descubrimento dun planeta xeado fóra do Sistema Solar. Este foi o resultado:
E este foi o proceso:
Moitos bicos dende o espazo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario