sábado, 13 de diciembre de 2014

XA SONA , CHEIRA E SABE A . . . NADAL ! ! !

Nestes últimos días deixámonos levar pola ilusión que nos fai o Nadal e a chegada de Papá Noel e os Reis Magos de Oriente.

Son datas de facer un último esforzo co traballiño, de portarse ben, de non disutir ni pelexar cos amig@s , de cavilar cómo farán as Súas Maxestades para saber tooooodo o que pasa e así pensar qué agasallos nos merecemos. . . 

Estivemos tocando panxoliñas de Nadal premendo  o nariz dos renos de Papá Noel.


Aqui vos deixamos o enlace: Panxoliñas con renos
Unha vez que entredes, premede no play , elexide a canción e. . . a tocar ! ! !

Pasámolo xenial, e o que máis rápido tocaba a canción, despois do profe Vicente claro, foi Daniel ! ! !



Fixemos un Rei Baltasar grande para decorar na entrada , onde facemos as filas. 



Melchor, Gaspar e Papá Noel, fixérono outras clases.



Estamos vendo, a ratiños, unha peli de Rudolf que nos prestou a profe Eva.





Fixemos distintos debuxos e adornos navideños.



Elaboramos as nosas árbores de Nadal.


E decorámolas. . . 



E. . . si queredes desfrutar tanto coma nós dos preparativos para o Nadal só tendes que ver este vídeo.

Achegándonos ao Nadal. on PhotoPeach

E xa para rematar, outro vídeo moi propio destas datas que ao mellor algúns de vós xa víchedes, pero que espero que nos faga pensar a tod@s. E que conste que non me pagan por facerlles publicidade ! ! ! Pero gústame a mensaxe. . . 



Que teñades boa semana e. . . que vos vaia chegando a maxia do Nadal ! ! !

Bicos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario