sábado, 26 de septiembre de 2015

AS NOSAS PRIMEIRAS AVENTURAS PIRATAS ! ! !

Por fin chegou o día, e imos amosarvos  as nosas primeiras aventuras na clase dos Piratas da Ría.

Nestes primeiros días xuntos fixemos moitas cousas , pero o máis importante foi reencontrarnos, coñecer e adaptarnos ás nosas profes (que xa coñecíchedes as familias na reunión), tamén á nova clase, e coñecer a unha amiga nova que chegou este curso e que se chama Kayla.


Xogamos co lobo Matías na pizarra máxica. Diferenciamos os números 1, 2 e 3. Tamén asociamos número e cantidade. Axudounos a nosa profe e tamén a profe Luz.


Fixemos o número 1 con pintura de dedos e ca axuda da profe Adriana.

Fixemos os números 1 e 2 con plastilina e tentamos plasmar o aprendido nun traballo individual en papel.


Xogamos moito ca plastilina para que nos axude a mellorar a nosa motricidade fina e a manexar mellor as nosas mans.


Traballamos o trazo vertical facendo a choiva de Outono e pintamos as nubes grises con pintura de dedos.


Tamén traballamos a motricidade fina adornando o paraugas con gomets pequeniños.


Comezamos a falar do Outono, dos seus froitos e carácterísticas ca profe Mila, tamén cantamos e vimos vídeos.


Escoitamos moitos contos, algúns os conta a profe Bibi e outros a profe Adriana.
E fixemos un debuxo do protagonista dun dos contos que vimos nestes días; o ratiño Frederick.


Fomos ao ximnasio co profe Óscar.


Xogamos moito nos rincóns por equipos. Como xa vos explicamos na reunión, cada día da semana xogamos e aprendemos nun rincón diferente.


Tamén estivemos facendo traballiños diferentes ao redor do noso nome e o dos nosos compañeiros para tentar recoñecelos e escribilos á nosa maneira e comezamos unha actividade plástica dun caracoliño de Outono, pero xa volo amosaremos cando a teñamos rematada.

E agora un pouquiño de todo. . . 

As primeiras aventuras na clase dos Piratas. on PhotoPeach
PD. Grazas Mila, Luz e Adriana pola vosa axuda nestes primeiros días!!!
E. . . ás familias dos meus piratiñas: Non vos pensedes que vai ser sempre así, pois non sempre terei o mesmo tempo para montar fotos! ! ! Esta foi de premio por ser a primeira ! ! ! 

Boa semana.

Bicos.

4 comentarios:

  1. Pero cuántas cosas hacen éstos peques!Parecen todos muy concentrados en las actividades, a seguir disfrutando del otoño, que ya llegarán las ricas castañas..mmm...!

    ResponderEliminar
  2. Me encanta los trabajos que están haciendo estos campeones

    ResponderEliminar
  3. Graciñas polos vosos comentarios!!!
    A verdade é que pouquiño a pouco imos facendo cousiñas, pero si que é certo que estamos bastante relaxados, non é a música!!! jejeje
    Como xa vos dixen na reunión non temos presa, o importante é que hai que ir collendo bos hábitos para o futuro. Estamos poñendo as bigas da casa e teñen que ser ben fortes! ! !
    E encantoume o rápido que colleron a dinámica dos rincóns, e o ben que a cumplen indo cada día con ilusión ao rincón que lles toca.

    Moitos bicos.

    Bibi.

    ResponderEliminar