Esta semana rematamos os nosos caracoliños de Outono, na cuncha puxémoslles polviños máxicos (qué bonita é a inocencia) e con purpurina fixémoslle o fio de prata que vai deixando ao caminar. Neste último punto, teño que dicir que xa se encargaron el@s de aclarame que non era un fío de prata, que o que deixaba eran "babas asquerosas".
Así de bonito quedou o pasillo cas nosas artistadas.
Pero tamén seguimos aprendendo e xogando nos rincóns, compartindo, imaxinando, expresándonos e facéndonos entender.
E. . . para mostra dúas señoritas moi enseñoradas! ! !
Unha das últimas cousas que fixemos esta semana foi preparar as nosas lupas de investigadores.
As lupas acompañaron a cartiña que levamos a casa esta fin de semana para informarvos de que comezamos o PROXECTO DOS PIRATAS e pedirvos colaboración.
E agora tomade asiento, que ahi vos vai o vídeo resumo da nosa semana.
CARACOL CARACOLEIRO. on PhotoPeach
Moitos bicos e que teñades unha boa semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario