Esta semana fixemos a nosa primeira saída do curso a Afundación. A actividade tiña por título "Eu tamén son un Súper Heroe".
Alí visitamos e exposición:
Aprendimos cómo se fan os debuxos animados que vemos na tele e as películas de animación.
Tamén vimos a primeira peli de debuxos animados da historia, moi curtiña e sen debuxos a cor.
Dentro da Sala de Exposicións puidemos aprender cómo se fan agora as películas de animación, con debuxos como por exemplo "Spirit."
E tamén outras que se fan con maquetas ás que hai que ir movendo e tomando moitas fotos, como por exemplo "La novia cadáver".
Soubemos que algunhas pelis fanse con bonecos de plastilina como os que facemos na escola ! ! !
E finalmente pasamos ao taller para crear os nosos propios Súper Heroes con gomets.
Aqui tendes un vídeo resumo da visita:
Visita Afundación: Eu tamén son un Súper Heroe on PhotoPeach
A visita foi moi interesante, pero tamén foi importantísimo saber comportarnos nun museo e. . . fixémolo bastante ben! ! !
Xa para rematar déixovos un vídeo que atopei en internet co que poden lembrar parte do aprendido durante a visita.
Xa para rematar déixovos un vídeo que atopei en internet co que poden lembrar parte do aprendido durante a visita.
Bicos.
Graciñas polo comentario no vídeo Romi! ! !
ResponderEliminarBicos.
Bibi.