domingo, 8 de noviembre de 2015

O COLOUTRIÑO DO TRASNO BARRIGOSO E AS EMOCIÓNS.

Ledicia, enfado, tristura, medo. . . Os nenos e nenas experimentan moitísimas emocións ao longo do día, as mesmas que podemos sentir os adultos, por iso é importante que aprendan a función que cumple cada unha delas, para que sexan capaces de manexalas correctamente.

As emocións son reacións do noso corpo ante estímulos do entorno ou do noso propio organismo. Poir iso, unha boa educación emocional inclúe ensinar que non hai emocións boas e malas, pois todas son necesarias e todas cumplen a súa función. Si, por exemplo, non tivésemos medo non saberíamos cando nos atopamos ante un perigo e non poderíamos reaccionar a tempo.

O importante é aprender a manexar as nosas emocións e aprender tamén a expresalas.

Emoción, pensamento e acción, son tres elementos moi relacionados e presentes en todo o que facemos a diario. A comprensión e o control das nosas emocións pode resultar imprescindible para a nosa integración na sociedade.

Asi pois, tendo en conta a importancia do tema, os conflitos que ás veces xurden na aula (propios da etapa  do desenvolvemento na que se atopan e ás diferenzas de madurez entre el@s) e o interese que a profe Adriana ten polo tema, estamos traballando AS NOSAS EMOCIÓNS.

Tras varias sesións lendo contos que os axudaban a reflexionar sobre o tema e poñelos en situación sen que eles se disen conta, Adriana trouxo o "Coloutriño Máxico" no que vive o Trasno Barrigoso.


Barrigoso veu dende moi lonxe, dende o Monte Fragoso que está xunto á casa de Adriana, porque perdeu as súas emocións e precisa da nosa axuda para recuperalas.

Comezamos falando con Barrigoso das emocións que nós coñecíamos e pouco a pouco foron saíndo cousiñas. . . Coñecen máis emocións das que son capaces de expresar.

Algún estaba triste porque se lle desatara un zapato e non sabía atalo, outra enferma e/ou cansa porque tiña mocos que non a deixaban respirar, outro triste porque tiña fame e quería ir ao comedor, outra aburrida menos cando lle tocaba falar (porque escoitar aos demais...debe aburrir. . . jejeje) ,  outro contento ás veces e ás veces triste  porque papi está lonxe traballando, etc.


Tentamos aportar ideas para axudar a Barrigoso a recuperar as súas emocións e rematamos aprendendo a empregar o noso "EMOCIONÓMETRO".
A profe Adriana sacou do "Coloutriño Máxico"  unha caixiña cos nosos nomes, logo tiñamos que irnos levantando a colocar o noso nome xunto á cara que representaba a emoción que sentíamos nese momento e tentar explicar aos compañeir@s por qué nos sentíamos asi.



Aqui vos deixamos as fotiños da sesión que resultou moi emocionante, nunca mellor dito.

Barrigoso e o emocionómetro. on PhotoPeach

Esta semana rematamos cun poema moi especial, porque teño "tontuna", como me dicía un neno que coñecín fai uns anos,  e que non é unha emoción doada de explicar.


Grazas Adriana por axudarnos a non perder a nosa "orella verde".

Bicos e boa semana.



No hay comentarios:

Publicar un comentario