domingo, 5 de junio de 2016

REMATAMOS AS SESIÓNS DE XOGAR A PENSAR CON JUANITA.

Xa queda pouco para rematar o curso e facendo contas decidín que os contos de Juanita e as sesións de filosofía para nenos (xogar a pensar) que tiña previstas son demasiadas para poder facelas con calma e que sexan realmente produtivas para eles/as.
Hai cousas que vale a pena facer ben ou non facelas.
Polo tanto, por este curso rematamos as nosas sesións adicadas a Juanita e aos seus amigos, e o próximo curso  no primeiro trimestre retomaremos os contos e as sesións que nos faltan con calma e ilusións renovadas.

Ímosvos amosar as nosas últimas sesións.

Coñecimos a Luci a luciérnaga.


Falamos da actitude de Luci axudando ás fadas e reflexionamos: 
- Qué sentimos cando necesitamos axuda e atopamos a alguén que nos axude? e cando non atopamos a ninguén que nos axude?
- É importante axudar a outros? Por qué? Cómo nos sentimos cando axudamos a outros?
- Qué pasaría si nunca ninguén axudase aos demais?

Debuxamos a Luci, a luciérnaga.



Juanita pregúntalle a Luci si ten medo á escuridade e nós aproveitando falamos do medo á escuridade e doutros medos que teñen eles/as.
Aproveitamos para desplazarnos pola aula con luz como se fósemos Luci e ás escuras como se fósemos Juanita e comparamos ambas formas de desplazarse.

Falamos da luz de Luci, a luciérnaga e comparámola con distintos tipos de luces naturais ( sol, estrelas, luna) e artificiais ( farolas, coches, velas).

Juanita ao principio da historia confunde a Luci cunha estrela, aproveitamos para observar e comentar un cadro onde aparecen estrelas: Noite estrelada de Vicent Van Gogh.
Logo facemos a nosa propia versión do mesmo.


Coñecemos a Leticia, a cigarra.
Leticia cantaba mooooooi alto pero Juanita aínda que iso molestáballe era capaz de aceptalo sen enfadarse. Falamos das cousas que non nos gustan dos demais pero que somos capaces de aceptar e das que non podemos aceptar.

A conversa derivou en falar de veciños molestos que petan todos os días porque non para de martillar. . . e eu entendinos perfectamente e encantoume a solución de escondelles as ferramentas. . . ja, ja, ja... foi divertidísimo.


Como Juanita da consellos a Leticia para que se coide,  verbalizamos consellos de saúde que poden ser bos para nós: comer froita e verdura, dormir moito, tomar leite, non xogar ao bruto, dar a man para cruzar, etc. A teoría sábena. . . non estou tan segura de que cumplan todo o que dixeron pero. . . o que importa é a intención.

Propúxenlles debuxar a canción que canta Leticia a cigarra e para inspirarse deitáronse no chan cómod@s e relaxad@s para escoitar música de Tchaikovsky: Cascanoces (Danza china) e os cantos dunha cigarra de verdade.


Despois debuxaron a canción de Leticia, cada un/unha como a imaxinaba, pero tod@s moi fermosa.


Xa por último, observamos e comentamos un cadro relacionado coa música.
Para esta ocasión eleximos o cadro de Edgar Degas: a canción do can.


Despois coa imaxe a cor do cadro, tentamos recortala en catro pezas e formar un puzzle colocando cada peza no lugar correcto.


Os resultados foron dispares, pois os cadro tiña moitos detalles nos que había que fixarse e había que prestar moita atención, pero ao final conseguímolo tod@s.


Con todos os traballiños que plasmamos individualmente en papel faremos un libriño que próximamente levaremos a casa. Mágoa non poder levar tamén as conversas, pois de como empezamos ata estas alturas de curso a evolución nótase moito e as ideas que xurden ás veces son xeniais.

Bicos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario