O venres visitamos o MAC, alí había unha exposición adicada aos retratos coa que aprendimos mooooooito.
O primeiro foi saber qué querían dicir as letras MAC.
- M de museo.
- A de arte.
- C de contemporáneo.
Coas ideas claras e sabendo o que ímos ver comeza a visita coa axuda de Carmen, Fernando e Jaime, os tres monitores do museo.
Aprendimos cousas de retratos en fotos.
En esculturas.
En movemento, a través dun vídeo proxectado en dúas pantallas.
Neste vídeo representábase como os refuxiados teñen que abandonar as súas casas pola guerra e Jacobo lembrou cando falamos de Malala que tamén tivera que marchar do seu país.
Aprendimos a elaborar moldes para facer esculturas con Carmen e Fernando.
Fixemos un retrato entre tod@s poñendo as partes da cara que faltaban e coa axuda de Jaime que ía buscando nun maletín máxico as pezas.
Xa para rematar, fixemos un retrato en movemento no que a parte superior do corpo correspondía a un de nós e a parte inferior a outro. E todo isto con música, pois un de nós era o xefe e dicía aos dous que posaban como tiñan que bailar.
Nin que dicir ten, que algún descubrimos que leva o ritmo no corpo e. . . iso de que che digan como bailar. . . cando eres pura música. . .
Foi divertidiiiiiiiiiisimo ! ! !
Ao chegar merendamos facendo un picnic no patio.
E ao rematar a merenda, desfrutamos do patio para nós soliños, pois o recreo xa rematara cando chegamos do MAC.
Aqui vos deixamos un vídeo - resumo en imaxes da xornada.
Visita ao MAC on PhotoPeach
E así foi o noso picnic e os xogos na patio á volta.
E así foi o noso picnic e os xogos na patio á volta.
Picnic e xogos á volta do MAC on PhotoPeach
Bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario